« Older Home
Loading Newer »

A sucesión de fibonacci é unha serie de numeros enteiros no que cada termo resulta da suma dos dous anteriores, deste xeito , e partindo do 1 a secuencia será: 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34…..

A secuencia ten unha serie de características como por exemplo:

  • Ó dividir un termo entre o anterior a partir do cuarto valor, por exemplo 3/2, 5/3, 8/5… o resultado aproximarase ó numero 1,6 tamén chamado a proporción áurea de Fibonacci.
  • A suma de dez números Fibonacci consecutivos é sempre 11 veces superior ó séptimo número da serie.
  • A suma dos n primeiros números é igual ó número que ocupa a posición n+2 menos un.

Ademais esta sucesión relaciónase con moitos elementos da natureza, dende a reprodución animal, anatomía vexetal e animal ou relacións entre sexos nas especies.

Código

#! /usr/bin/env python
# -*- coding: utf-8 -*-

n = int(raw_input("¿Valor tope da serie? "))
print " Serie de Fibonacci "

a, b = 0, 1

while b <= n:
    print b
    a, b = b, a + b
Chuzame! A Facebook A Twitter
Chuzame! A Facebook A Twitter ligazóns technorati - ligazóns technorati

O algoritmo rot-13 é un algoritmo para codificar e decodificar texto. O algoritmo rot-13 fundaméntase en que no código ASCII os 26 caracteres entre o «A» e o «Z», así como entre o «a» e o «z», son consecutivos. Por tanto, se se moven 13 posición a estes caracteres (a metade dos 26 caracteres do inglés), conséguese outro caracteres que se pode recuperar movendo outros 13 espazos. Este algoritmo é moi sinxelo e por tanto non serve máis que para exemplo, pero en ningún caso para un uso serio.

O código desta anotación é un módulo chamado rot13 que implementa unha función chamada encrypt que codifica/decodifica unha cadea de caracteres. Internamente encrypt chama a un módulo privado chamado _rot13 que é o que fai a codificación dun caracterer. O código tamén se pode executar coma un script por si mesmo e neste caso codificará/decodificará o que se lle pase ó script coma parámetros.

Continue reading ‘Codificación/decodificación de texto co algoritmo rot-13′

Chuzame! A Facebook A Twitter
Chuzame! A Facebook A Twitter ligazóns technorati - ligazóns technorati

Ola mundo!

Imos realizar o Ola mundo! en python. Este programa é normalmente o primeiro exemplo cando se aprende calquera linguaxe de programación. Este programa serve para comezar a familiarizarnos coa sintaxe da linguaxe e coa forma de traballar.

A funcionalidade do Ola mundo! é moi sinxela, posto que tan só visualiza por pantalla un «Ola mundo!».

Código

#! /usr/bin/env python
# -*- coding: utf-8 -*-

print "Ola mundo!"
Chuzame! A Facebook A Twitter
Chuzame! A Facebook A Twitter ligazóns technorati - ligazóns technorati

A programación funcional consiste na utilización do concepto matemático de función. As funcións son estructuras que aceptan cero ou máis parámetros de entrada e devolver só un parámetro coma saída. As fncións só poden modifica-los parámetros de entrada e nunca datos externos a elas, polo que se evitan efectos colaterais ó chamalas. Grazas a estas características, o código é sinxelo de ler e facilmente reutilizable. As operacións básicos que se poden efectuar na programación funcional son a composición de funcións e a recursividade.

Exemplos de linguaxes funcionais son Lisp, Scheme e Haskell.

Continue reading ‘Programación funcional’

Chuzame! A Facebook A Twitter
Chuzame! A Facebook A Twitter ligazóns technorati - ligazóns technorati

A programazón orientada a obxectos consiste na utilización de obxectos como elementos básicos de traballo. Os obxectos son a forma natural de representar un mundo cheo de obxectos tanto físicos coma simbólicos. Estes obxectos interactuan entre si mediante o paso de mensaxes para chegar a realizar calquera tipo de programa.

Exemplos de linguaxes orientadas a obxectos son Smalltalk, C++ ou Ada.

Continue reading ‘Programación orientada a obxectos’

Chuzame! A Facebook A Twitter
Chuzame! A Facebook A Twitter ligazóns technorati - ligazóns technorati

Categories

Calendario

Abril 2014
L M M X V S D
« Abr    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  
3K2 theme by Hakan Aydin