Introdución a Python

Que é Python?

Python é unha linguaxe de programación de propósito xeral orientada a obxectos. A súa orientación a obxectos chega ó extremo de que todo son obxectos: variables, funcións, etc.

Dende o principio, cando foir creada por Guido van Rossum en 1990, os obxectivos da linguaxe foron a claridade do código fonte e o tempo de desenvolvemento curtos.

Unha das avantaxes desta linguaxe é que ten unha licenza de código aberto, polo que non está sometida a ningunha empresa. O seu desenvolvemento é o normal nos proxectos de código aberto: todo o que o desexe pode colaborar a facer de Python unha mellor linguaxe engadindo novas funcionalidades, arranxando erros ou facendo propostas.

Como obtelo?

Existen tres implementacións desta linguaxe:

Neste titorial empregarase CPython, posto que é o estándar e non precisa de ningunha máquina virtual para se executar, na súa última versión, a 2.5.

O intérprete de Python (CPython) pódese descargar, dende a páxina de descarga, para unha grande cantinade de sistemas operativos como: GNU/Linux, MicroSoft Windows ou Mac OS X. Antes de empezar coa descarga, non está de máis mirar se Python xa se atopa instalado no noso sistema, posto que en sistemas operativos como GNU/Linux é moi probable que así sexa.

Características

Ten tipado dinámico: o tipo dunha variable establécese en tempo de execución cada vez que se lle asigna un tipo.

a = True      # a variable "a" é un booleano
a = 8         # agora é un enteiro
a = 8.3       # agora é un número en coma flotante
a = "texto"   # agora é unha cadea de texto

É fortemente tipado: unha vez que unha variable é dun tipo, non se pode tratar como se fose doutro tipo a menos que se faga unha conversión explícita.

a = "3"       # a variable "a" é unha cadea de texto
b = a + 3     # esta instrucción resulta nun erro ó
              # intentar sumar unha cadea de texto
              # cun enteiro

Executar código

Hai dúas formas de executar código en Python:

  • Abrindo o intérprete podemos escribir código que se irá executando ó momento. Isto é ideal para probar pequenos fragmento de código ou para mira-los métodos dun obxecto empregando a introspeción. O código ó non estar gardado en ningún sitio perderase ó saír do intérprete.
    xose@debian:~$ pythonPython 2.4.4c0 (#2, Oct  2 2006, 00:57:46)
    [GCC 4.1.2 20060928 (prerelease) (Debian 4.1.1-15)] on linux2
    Type "help", "copyright", "credits" or "license" for more information.
    >>> a = 3
    >>> b = a ** 2
    >>> a - b
    -6
    >>>
  • Pasándolle ó intérprete a localización dun ficheiro co código. O código gárdase en ficheiros cando o queremos executar varias veces.
    python ficheiro.py

Estructura dos ficheiros

#! /usr/bin/env python
# -*- coding: utf-8 -*-
"""Este script calcula o tempo que lle leva obter un número enteiro
comprendido entre 0 e 100 e imprime a información.

"""

import time
import random

t0 = time.time()
numero = random.randint(0, 100)

print "Tardouse %f segundos en Calcular %d" % (time.time() - t0,
                                               numero)

Ó comezo do ficheiro hai que escribir a cabeceira. A primeira é opcional e indícalle ó intérprete de comandas de UNIX con que intérprete se debe executa-lo script con permiso de execución (chmod +x ficheiro.py) cando se executa directamente sen chama-lo intérprete de Python. Aínda que non se empregueA segunda indícalle ó intérprete de Python a codificación empregada no ficheiro. Os editores de texto soen da-la opción de definir en qué codificación se garda o ficheiro. Valores comúns son ascii, iso-8859-1, iso-8859-15 ou utf-8.

Despois da cabeceira está o código en si. Neste caso, como din o comentario, calcúlase o tempo que se tarda en obter un enteiro entre 0 e 100.

Chuzame! chúzame -

1 Response to “Introdución a Python”

  1. 1 As parénteses en python at Cousas de xentiña

Leave a Reply