Archive for febreiro, 2007
Pasiño a pasiño cara python 3.0
0 Comments Published by Xosé Otero febreiro 26th, 2007 in Novas, Python
Lévase tempo traballando en python 3000, a denominación do futuro python 3.0 durante o seu plantexamento/desenvolvemento. Esta é unha versión importante posto que dende o comezo se plantexou coma unha versión que non tiña que ser compatible coas anteriores. Esta característica permite limpa-los módulos e clases de funcionalidade que só existe por compatibilidade cara atrás ou implementar algunhas características dun xeito máis intelixente.
Para facilita-la transición ata a python 3.0 tomaranse dúas medidas:
- Crearase unha versión híbrida, python 2.6. Esta versión engadirá todo aqueles cambios de python 3.0 que sexan compatible con python 2 (engadir novas funcións, novos módulos, etc) e terá un modo especial que ó se executar avisará daquilo que non vaia funcionar en python 3.0 (funcións que desaparecerán, funcionalidade que cambia lixeiramente, etc).
- Crearase un script que intentará convertir código válido de python 2 a python 3 automaticamente. Esta conversión non se poderá efectuar en tódolos casos, pero será unha axuda para face-la transición.
As data (orientativas) que se están a propoñer son:
- April 2007: Características de python 3.0 decididas.
- June 2007: Primeira versión alpha de python 3.0 (3.0a1) coa maioría das novidades implementadas.
- Dec 2007: Primeira versión alpha de python 2.6 (2.6a1).
- Apr 2008: Lanzamento de python 2.6.
- July 2008: Lanzamento de python 3.0.
Por tanto, en tan só un par de meses terase claro o aspecto que terá python 3.0.
chuzame -