Archive for marzo, 2007
Un tipo de dato defínese polos valores que pode tomar mailas operacións que se poden realizar sobre estes valores. Os tipos de datos pódense dividir en simples e compostos. Os tipos de atos simples son aqueles que non se poden descompoñer en datos máis sinxelos. Os datos compostos son aqueles que se compoñen dun ou varios datos sinxelos conformando unha estructura máis complexa.
Os tipos de datos sinxelos predefinidos en python son: booleanos, números enteiros e números reais. Os tipos de datos compostos predefinidos en python son: cadenas de caracteres, tuplas, listas, dicionarios e clases.
Para comproba-lo tipo dun dato emprégase a función type() que toma como parámetro o dato do que queremos sabe-lo seu tipo.
Números enteiros (int ou long)
Hai dúas clases de enteiros: normais e longos. Os enteiros normais son os que pode gardar a CPU na que se execute a máquina (en máquinas de 32 bits van dende -2.147.483.648 ata 2.147.483.647, en máquinas de 64 bits van dende -9.223.372.036.854.775.808 ata 9.223.372.036.854.775.807). Os enteiros longos non teñen un límite fixado, a única limitación é a cantidade de memoria do sistema para almacenalo. Os enteiros normais son máis eficientes por estar soportados directamente pola CPU do sistema. Pódese forzar que un número sexa considerado coma enteiro longo engadindo un L ó final. Así, 100L será un enteiro longo ainda que se poida gardar coma enteiro normal.
As dúas clases de enteiros pódense mistura-las dúas nunha operación. Neste caso, o resultado será un enteiro longo.
A programación estructurada consiste na utilización de tres estructuras básicas: a secuencia, a seleción e a repetición. Con estas tres estructuras pódese realizar calquera tipo de programa, aínda que o código será pouco lexible, difícil de reutilizar e difícil de manter. As linguaxes de programación que permiten este paradigma de programación inclúen outras estructuras de máis alto nivel para mellora-lo nivel de abstración e lexibilidade do código.
Exemplos de linguaxes estructuradas son: C, Modula 3 ou Java.
Os paradigmas de programación son diferentes estilos de programación para resolver un problema. Así, un problema pode ser resolto empregando distintos paradigmas de programación aínda que pode haber paradigmos máis facilmente empregables para algúns problemas.
Á hora de desenvolver unha aplicación empréganse varios paradigmas ó mesmo tempo. É por iso que agás raras excepcións, as linguaxes de programación facilitan o emprego dos paradigmas máis difundidos.
Neste titorial explicaranse os tres paradigmas máis difundidos: a programación estructurada, a programación funcional e a programación orientada a obxetos. Outros paradigmas dignos de mención son: a programación imperativa, a programación orientada a aspectos ou a programación xenérica.
Tipos de linguaxes de programación
0 Comments Published by Xosé Otero marzo 25th, 2007 in Teoría, TitorialAs linguaxes de programación son unha abstración da linguaxe que pode entender a máquina. Coa abstración da linguaxe de programación conséguese unha linguaxe moito máis fácil de entender, e por tanto de manter, co custe de ter que pasar por algún paso intermedio para executa-lo programa.
Segundo o nivel de abstración, temos tres tipos de linguaxes de programación: linguaxe máquina, linguaxes compiladas, linguaxes interpretadas e linguaxes virtualizadas.