Archive for marzo 24th, 2007
Evolución histórica das linguaxes de programación
0 Comments Published by Xosé Otero marzo 24th, 2007 in Teoría, TitorialA informática é unha enxeñería nova, máis non tanto como se supón. A medidados do século XIX, Charles Babbage deseñou a máquina analítica, unha computadora que por problemas de presuposto e/ou de técnica dispoñible naquel momento, nunca se puido fabricar. Ó haber unha descripción detallada da máquina, era posible crear programas para esta. Así, Ada Lovelace convertiuse na primeira programadora ó deseñar un método para calcular números de Bernoulli con esta máquina.
Pódese definir ordenador coma unha máquina automática, de propósito xeral e programable. En realidade, o concepto de ordenador foi evolucionando co paso do tempo ó mesmo tempo que evolucionaba a electrónica precisa para desenvolvelos. Do mesmo xeito, as linguaxes de programación tamén foron evolucionando grazas ás abstraccións que ían permitindo os ordenadores.
chúzame -