Tipos de linguaxes de programación
Published by Xosé Otero marzo 25th, 2007 in Teoría, TitorialAs linguaxes de programación son unha abstración da linguaxe que pode entender a máquina. Coa abstración da linguaxe de programación conséguese unha linguaxe moito máis fácil de entender, e por tanto de manter, co custe de ter que pasar por algún paso intermedio para executa-lo programa.
Segundo o nivel de abstración, temos tres tipos de linguaxes de programación: linguaxe máquina, linguaxes compiladas, linguaxes interpretadas e linguaxes virtualizadas.
A linguaxe máquina ou código obxeto, é código entendible directamente pola CPU. Esta linguaxe é de moi baixo nivel e non é entendible directamente por un programador.

As linguaxes compiladas precisan dun compilador que converte o código fonte en código obxeto que xa é directamente executable pola máquina. Estas linguaxes permiten un código fácil de escribir, ler e manter.

Exemplos deste tipo de linguaxes son C, Eiffel ou Ada.
As linguaxe interpretadas precisan dun intérprete que irá executando o código fonte liña a liña. A existenza do intérprete ten a avantaxe de que acurta o ciclo de codificación-proba e posibilita a realización de código moito máis portable entre distintos tipos de máquinas. A desventaxe é que a execución é máis lenta que no caso de executar código obxeto.

Exemplos deste tipo de linguaxes son Python, Perl ou Ruby.
As linguaxes virtualizadas son unha mistura das dúas anteriores. Nun primeiro paso, precisan ser compiladas a bytecode, un código obxeto para unha máquina virtual, posteriormente, a máquina virtual executa este bytecode. É un refinamento sobre as linguaxes interpretadas co que se consegue un aumento da velocidade de execución.

Exemplos deste tipo de linguaxes son Java ou C#.
Algunhas linguaxes interpretadas tamén fan unha compilación previa á execución, polo que non é sinxelo diferenciar estas linguaxes interpretadas das virtualizadas. A diferenza reside en que nas linguaxes virtualizadas, o bytecode está pensado para poder ser distribuído coma o executable das linguaxes compiladas, mentres que no caso das linguaxes interpretadas este código intermedio é só unha forma de axiliza-lo proceso de verificación e execución do código fonte. Un exemplo de linguaxe interpretada que ten unha máquina virtual é python.
chúzame -
0 Responses to “Tipos de linguaxes de programación”
Please Wait
Leave a Reply