Tipos de datos predefinidos
Published by Xosé Otero marzo 26th, 2007 in Python, TitorialUn tipo de dato defínese polos valores que pode tomar mailas operacións que se poden realizar sobre estes valores. Os tipos de datos pódense dividir en simples e compostos. Os tipos de atos simples son aqueles que non se poden descompoñer en datos máis sinxelos. Os datos compostos son aqueles que se compoñen dun ou varios datos sinxelos conformando unha estructura máis complexa.
Os tipos de datos sinxelos predefinidos en python son: booleanos, números enteiros e números reais. Os tipos de datos compostos predefinidos en python son: cadenas de caracteres, tuplas, listas, dicionarios e clases.
Para comproba-lo tipo dun dato emprégase a función type() que toma como parámetro o dato do que queremos sabe-lo seu tipo.
chúzame -
0 Responses to “Tipos de datos predefinidos”
Please Wait
Leave a Reply