Programación orientada a obxectos
Published by Néstor García abril 3rd, 2007 in Teoría, TitorialA programazón orientada a obxectos consiste na utilización de obxectos como elementos básicos de traballo. Os obxectos son a forma natural de representar un mundo cheo de obxectos tanto físicos coma simbólicos. Estes obxectos interactuan entre si mediante o paso de mensaxes para chegar a realizar calquera tipo de programa.
Exemplos de linguaxes orientadas a obxectos son Smalltalk, C++ ou Ada.
A estructura dun obxecto ven definida pola clase á que pertence. Un obxecto está composto por atributos e métodos. Os atributos son os datos que o definen e os métodos son as accións que pode realizar. De tal xeito que poden haber varios obxectos da mesma clase pero distintos entre si.
O paso de mensaxes da programación orientada a obxectos é equivalente á chamada de funcións na programación imperativa. Unha forma extricta de orientación a obxectos esixiría que a única forma de comunicación co obxecto fose o paso de mensaxes, impidindo o acceso directo ós atributos.
A programación orientada a obxectos caracterízase por ter unha serie de propiedades como son:
- Abstracción: É a captación das características esenciais dun obxecto, así como o seu comportamiento.
- Encapsulamiento: É a ocultación da implementación concreta do obxecto, deixando visible só o xeito de tratar co obxecto.
- Polimorfismo: É a capacidade de que métodos que se comportan de forma distinta compartan o mesmo nome.
- Herencia: Propiedade pola cal as subclases dunha clase adquiren as propiedades e métodos desta. Na herencia fálase de clases bases e derivadas ou clases nais e fillas.
A programación orientada a obxetos ten unha serie de avantaxes que a fan idónea para o desenvolvemento de programas.
- Comprensión: Tanto os datos que compoñen os obxectos, coma os procedementos que os manipulan, están agrupados en clases, que se corresponden cas estructuras de información cas que traballa o programa.
- Flexibilidade: Ó ter relacionados os procedementos que manipulan os datos cos datos a tratar, cualquera cambio que se realice sobre eles quedará reflexado automáticamente en calquera lugar onde aparezan estes datos.
- Estabilidade: Xa que permite o tratamiento diferenciado de aqueles obxectos que permanecen constantes no tempo sobre aqueles que cambian con frecuencia, deste xeito permite aislar as partes do programa que permanecen inalterables no tempo.
- Reutilización: Os programas que traten as mesmas estructuras de información poden reutilizar tanto as definicions de obxectos empregadas noutros programas e incluso os procedementos que os manipulan. Deste xeito, o desenvolvemento dun programa pode chegar a ser unha simple combinación de obxectos xa definidos.
chúzame -
0 Responses to “Programación orientada a obxectos”
Please Wait
Leave a Reply