Archive for abril 11th, 2007
Codificación/decodificación de texto co algoritmo rot-13
0 Comments Published by Xosé Otero abril 11th, 2007 in Exemplos, PythonO algoritmo rot-13 é un algoritmo para codificar e decodificar texto. O algoritmo rot-13 fundaméntase en que no código ASCII os 26 caracteres entre o "A" e o "Z", así como entre o "a" e o "z", son consecutivos. Por tanto, se se moven 13 posición a estes caracteres (a metade dos 26 caracteres do inglés), conséguese outro caracteres que se pode recuperar movendo outros 13 espazos. Este algoritmo é moi sinxelo e por tanto non serve máis que para exemplo, pero en ningún caso para un uso serio.
O código desta anotación é un módulo chamado rot13 que implementa unha función chamada encrypt que codifica/decodifica unha cadea de caracteres. Internamente encrypt chama a un módulo privado chamado _rot13 que é o que fai a codificación dun caracterer. O código tamén se pode executar coma un script por si mesmo e neste caso codificará/decodificará o que se lle pase ó script coma parámetros.
chúzame -