A sucesión de Fibonacci
Published by Néstor García abril 24th, 2007 in Exemplos, PythonA sucesión de fibonacci é unha serie de numeros enteiros no que cada termo resulta da suma dos dous anteriores, deste xeito , e partindo do 1 a secuencia será: 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34.....
A secuencia ten unha serie de características como por exemplo:
- Ó dividir un termo entre o anterior a partir do cuarto valor, por exemplo 3/2, 5/3, 8/5… o resultado aproximarase ó numero 1,6 tamén chamado a proporción áurea de Fibonacci.
- A suma de dez números Fibonacci consecutivos é sempre 11 veces superior ó séptimo número da serie.
- A suma dos n primeiros números é igual ó número que ocupa a posición n+2 menos un.
Ademais esta sucesión relaciónase con moitos elementos da natureza, dende a reprodución animal, anatomía vexetal e animal ou relacións entre sexos nas especies.
Código
#! /usr/bin/env python # -*- coding: utf-8 -*- n = int(raw_input("¿Valor tope da serie? ")) print " Serie de Fibonacci " a, b = 0, 1 while b <= n: print b a, b = b, a + b
chúzame -
Acabo de probar esta serie en mi consola (ubuntuies), y no funciona
(a mi por lo menos no me funcionó programado en python seria) :
# Serie de fibonacci
serie = [0,1]
while serie[-1]<200:
s= serie [-1] + serie[-2]
serie = serie + [s]
print serie
serie.py
saldria..
[0, 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34, 55, 89, 144, 233]
juzSh.. (el while no se si funcinoa aZí) . saLudss!!
Boas!!
Eu probei nunha Ubuntu e o único problema que dábame eran as comiñas que ó copiar directamente da páxina a consola dábanme erro, borreinas e as puxen de novo e todo OK, é o que ten o Copy&Paste :).
Hai moitas formas de implementa-lo algoritmo da sucesión de fibonacci, a solución que propuxen é un simple exemplo no que prentendín usar un pouco as vantaxas da sintaxis e a sencillez que ofrécenos Python.