Author Archive for Néstor García Archive Page
A sucesión de fibonacci é unha serie de numeros enteiros no que cada termo resulta da suma dos dous anteriores, deste xeito , e partindo do 1 a secuencia será: 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34.....
A secuencia ten unha serie de características como por exemplo:
- Ó dividir un termo entre o anterior a partir do cuarto valor, por exemplo 3/2, 5/3, 8/5… o resultado aproximarase ó numero 1,6 tamén chamado a proporción áurea de Fibonacci.
- A suma de dez números Fibonacci consecutivos é sempre 11 veces superior ó séptimo número da serie.
- A suma dos n primeiros números é igual ó número que ocupa a posición n+2 menos un.
Ademais esta sucesión relaciónase con moitos elementos da natureza, dende a reprodución animal, anatomía vexetal e animal ou relacións entre sexos nas especies.
Código
#! /usr/bin/env python # -*- coding: utf-8 -*- n = int(raw_input("¿Valor tope da serie? ")) print " Serie de Fibonacci " a, b = 0, 1 while b <= n: print b a, b = b, a + b
chuzame - Imos realizar o Ola mundo! en python. Este programa é normalmente o primeiro exemplo cando se aprende calquera linguaxe de programación. Este programa serve para comezar a familiarizarnos coa sintaxe da linguaxe e coa forma de traballar.
A funcionalidade do Ola mundo! é moi sinxela, posto que tan só visualiza por pantalla un "Ola mundo!".
Código
#! /usr/bin/env python # -*- coding: utf-8 -*- print "Ola mundo!"
chuzame - Programación orientada a obxectos
0 Comments Published by Néstor García abril 3rd, 2007 in Teoría, TitorialA programazón orientada a obxectos consiste na utilización de obxectos como elementos básicos de traballo. Os obxectos son a forma natural de representar un mundo cheo de obxectos tanto físicos coma simbólicos. Estes obxectos interactuan entre si mediante o paso de mensaxes para chegar a realizar calquera tipo de programa.
Exemplos de linguaxes orientadas a obxectos son Smalltalk, C++ ou Ada.
chuzame -