Author Archive for Xosé Otero Archive Page

O algoritmo rot-13 é un algoritmo para codificar e decodificar texto. O algoritmo rot-13 fundaméntase en que no código ASCII os 26 caracteres entre o "A" e o "Z", así como entre o "a" e o "z", son consecutivos. Por tanto, se se moven 13 posición a estes caracteres (a metade dos 26 caracteres do inglés), conséguese outro caracteres que se pode recuperar movendo outros 13 espazos. Este algoritmo é moi sinxelo e por tanto non serve máis que para exemplo, pero en ningún caso para un uso serio.

O código desta anotación é un módulo chamado rot13 que implementa unha función chamada encrypt que codifica/decodifica unha cadea de caracteres. Internamente encrypt chama a un módulo privado chamado _rot13 que é o que fai a codificación dun caracterer. O código tamén se pode executar coma un script por si mesmo e neste caso codificará/decodificará o que se lle pase ó script coma parámetros.

Chuzame! chuzame -

A programación funcional consiste na utilización do concepto matemático de función. As funcións son estructuras que aceptan cero ou máis parámetros de entrada e devolver só un parámetro coma saída. As fncións só poden modifica-los parámetros de entrada e nunca datos externos a elas, polo que se evitan efectos colaterais ó chamalas. Grazas a estas características, o código é sinxelo de ler e facilmente reutilizable. As operacións básicos que se poden efectuar na programación funcional son a composición de funcións e a recursividade.

Exemplos de linguaxes funcionais son Lisp, Scheme e Haskell.

Chuzame! chuzame -

Un tipo de dato defínese polos valores que pode tomar mailas operacións que se poden realizar sobre estes valores. Os tipos de datos pódense dividir en simples e compostos. Os tipos de atos simples son aqueles que non se poden descompoñer en datos máis sinxelos. Os datos compostos son aqueles que se compoñen dun ou varios datos sinxelos conformando unha estructura máis complexa.

Os tipos de datos sinxelos predefinidos en python son: booleanos, números enteiros e números reais. Os tipos de datos compostos predefinidos en python son: cadenas de caracteres, tuplas, listas, dicionarios e clases.

Para comproba-lo tipo dun dato emprégase a función type() que toma como parámetro o dato do que queremos sabe-lo seu tipo.

Chuzame! chuzame -

Tipos de datos sinxelos

Números enteiros (int ou long)

Hai dúas clases de enteiros: normais e longos. Os enteiros normais son os que pode gardar a CPU na que se execute a máquina (en máquinas de 32 bits van dende -2.147.483.648 ata 2.147.483.647, en máquinas de 64 bits van dende -9.223.372.036.854.775.808 ata 9.223.372.036.854.775.807). Os enteiros longos non teñen un límite fixado, a única limitación é a cantidade de memoria do sistema para almacenalo. Os enteiros normais son máis eficientes por estar soportados directamente pola CPU do sistema. Pódese forzar que un número sexa considerado coma enteiro longo engadindo un L ó final. Así, 100L será un enteiro longo ainda que se poida gardar coma enteiro normal.

As dúas clases de enteiros pódense mistura-las dúas nunha operación. Neste caso, o resultado será un enteiro longo.

Chuzame! chuzame -

A programación estructurada consiste na utilización de tres estructuras básicas: a secuencia, a seleción e a repetición. Con estas tres estructuras pódese realizar calquera tipo de programa, aínda que o código será pouco lexible, difícil de reutilizar e difícil de manter. As linguaxes de programación que permiten este paradigma de programación inclúen outras estructuras de máis alto nivel para mellora-lo nivel de abstración e lexibilidade do código.

Exemplos de linguaxes estructuradas son: C, Modula 3 ou Java.

Chuzame! chuzame -

About

Archive for Xosé Otero.

Informática, programación, software libre e xogos :)

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

agosto 2008
L_Luns_inicial M_martes_inicial M_mércores_inicial X_xoves_inicial V_venres_inicial S_sábado_inicial D_domingo_inicial
« abr    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin