Archive for the 'Novas' Category

pythonLévase tempo traballando en python 3000, a denominación do futuro python 3.0 durante o seu plantexamento/desenvolvemento. Esta é unha versión importante posto que dende o comezo se plantexou coma unha versión que non tiña que ser compatible coas anteriores. Esta característica permite limpa-los módulos e clases de funcionalidade que só existe por compatibilidade cara atrás ou implementar algunhas características dun xeito máis intelixente.

Para facilita-la transición ata a python 3.0 tomaranse dúas medidas:

  1. Crearase unha versión híbrida, python 2.6. Esta versión engadirá todo aqueles cambios de python 3.0 que sexan compatible con python 2 (engadir novas funcións, novos módulos, etc) e terá un modo especial que ó se executar avisará daquilo que non vaia funcionar en python 3.0 (funcións que desaparecerán, funcionalidade que cambia lixeiramente, etc).
  2. Crearase un script que intentará convertir código válido de python 2 a python 3 automaticamente. Esta conversión non se poderá efectuar en tódolos casos, pero será unha axuda para face-la transición.

As data (orientativas) que se están a propoñer son:

  • April 2007: Características de python 3.0 decididas.
  • June 2007: Primeira versión alpha de python 3.0 (3.0a1) coa maioría das novidades implementadas.
  • Dec 2007: Primeira versión alpha de python 2.6 (2.6a1).
  • Apr 2008: Lanzamento de python 2.6.
  • July 2008: Lanzamento de python 3.0.

Por tanto, en tan só un par de meses terase claro o aspecto que terá python 3.0.

Chuzame! chuzame -

About

You are currently browsing the Programar en Python weblog archives for the Novas category.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

agosto 2008
L_Luns_inicial M_martes_inicial M_mércores_inicial X_xoves_inicial V_venres_inicial S_sábado_inicial D_domingo_inicial
« abr    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin