Archive for the 'Python' Category

A sucesión de fibonacci é unha serie de numeros enteiros no que cada termo resulta da suma dos dous anteriores, deste xeito , e partindo do 1 a secuencia será: 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34.....

A secuencia ten unha serie de características como por exemplo:

  • Ó dividir un termo entre o anterior a partir do cuarto valor, por exemplo 3/2, 5/3, 8/5… o resultado aproximarase ó numero 1,6 tamén chamado a proporción áurea de Fibonacci.
  • A suma de dez números Fibonacci consecutivos é sempre 11 veces superior ó séptimo número da serie.
  • A suma dos n primeiros números é igual ó número que ocupa a posición n+2 menos un.

Ademais esta sucesión relaciónase con moitos elementos da natureza, dende a reprodución animal, anatomía vexetal e animal ou relacións entre sexos nas especies.

Código

#! /usr/bin/env python
# -*- coding: utf-8 -*-

n = int(raw_input("¿Valor tope da serie? "))
print " Serie de Fibonacci "

a, b = 0, 1

while b <= n:
    print b
    a, b = b, a + b
Chuzame! chuzame -

O algoritmo rot-13 é un algoritmo para codificar e decodificar texto. O algoritmo rot-13 fundaméntase en que no código ASCII os 26 caracteres entre o "A" e o "Z", así como entre o "a" e o "z", son consecutivos. Por tanto, se se moven 13 posición a estes caracteres (a metade dos 26 caracteres do inglés), conséguese outro caracteres que se pode recuperar movendo outros 13 espazos. Este algoritmo é moi sinxelo e por tanto non serve máis que para exemplo, pero en ningún caso para un uso serio.

O código desta anotación é un módulo chamado rot13 que implementa unha función chamada encrypt que codifica/decodifica unha cadea de caracteres. Internamente encrypt chama a un módulo privado chamado _rot13 que é o que fai a codificación dun caracterer. O código tamén se pode executar coma un script por si mesmo e neste caso codificará/decodificará o que se lle pase ó script coma parámetros.

Chuzame! chuzame -

Ola mundo!

Imos realizar o Ola mundo! en python. Este programa é normalmente o primeiro exemplo cando se aprende calquera linguaxe de programación. Este programa serve para comezar a familiarizarnos coa sintaxe da linguaxe e coa forma de traballar.

A funcionalidade do Ola mundo! é moi sinxela, posto que tan só visualiza por pantalla un "Ola mundo!".

Código

#! /usr/bin/env python
# -*- coding: utf-8 -*-

print "Ola mundo!"
Chuzame! chuzame -

Un tipo de dato defínese polos valores que pode tomar mailas operacións que se poden realizar sobre estes valores. Os tipos de datos pódense dividir en simples e compostos. Os tipos de atos simples son aqueles que non se poden descompoñer en datos máis sinxelos. Os datos compostos son aqueles que se compoñen dun ou varios datos sinxelos conformando unha estructura máis complexa.

Os tipos de datos sinxelos predefinidos en python son: booleanos, números enteiros e números reais. Os tipos de datos compostos predefinidos en python son: cadenas de caracteres, tuplas, listas, dicionarios e clases.

Para comproba-lo tipo dun dato emprégase a función type() que toma como parámetro o dato do que queremos sabe-lo seu tipo.

Chuzame! chuzame -

Tipos de datos sinxelos

Números enteiros (int ou long)

Hai dúas clases de enteiros: normais e longos. Os enteiros normais son os que pode gardar a CPU na que se execute a máquina (en máquinas de 32 bits van dende -2.147.483.648 ata 2.147.483.647, en máquinas de 64 bits van dende -9.223.372.036.854.775.808 ata 9.223.372.036.854.775.807). Os enteiros longos non teñen un límite fixado, a única limitación é a cantidade de memoria do sistema para almacenalo. Os enteiros normais son máis eficientes por estar soportados directamente pola CPU do sistema. Pódese forzar que un número sexa considerado coma enteiro longo engadindo un L ó final. Así, 100L será un enteiro longo ainda que se poida gardar coma enteiro normal.

As dúas clases de enteiros pódense mistura-las dúas nunha operación. Neste caso, o resultado será un enteiro longo.

Chuzame! chuzame -

About

You are currently browsing the Programar en Python weblog archives for the Python category.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

agosto 2008
L_Luns_inicial M_martes_inicial M_mércores_inicial X_xoves_inicial V_venres_inicial S_sábado_inicial D_domingo_inicial
« abr    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin