Archive for the 'Teoría' Category

A programación funcional consiste na utilización do concepto matemático de función. As funcións son estructuras que aceptan cero ou máis parámetros de entrada e devolver só un parámetro coma saída. As fncións só poden modifica-los parámetros de entrada e nunca datos externos a elas, polo que se evitan efectos colaterais ó chamalas. Grazas a estas características, o código é sinxelo de ler e facilmente reutilizable. As operacións básicos que se poden efectuar na programación funcional son a composición de funcións e a recursividade.

Exemplos de linguaxes funcionais son Lisp, Scheme e Haskell.

Chuzame! chuzame -

A programazón orientada a obxectos consiste na utilización de obxectos como elementos básicos de traballo. Os obxectos son a forma natural de representar un mundo cheo de obxectos tanto físicos coma simbólicos. Estes obxectos interactuan entre si mediante o paso de mensaxes para chegar a realizar calquera tipo de programa.

Exemplos de linguaxes orientadas a obxectos son Smalltalk, C++ ou Ada.

Chuzame! chuzame -

A programación estructurada consiste na utilización de tres estructuras básicas: a secuencia, a seleción e a repetición. Con estas tres estructuras pódese realizar calquera tipo de programa, aínda que o código será pouco lexible, difícil de reutilizar e difícil de manter. As linguaxes de programación que permiten este paradigma de programación inclúen outras estructuras de máis alto nivel para mellora-lo nivel de abstración e lexibilidade do código.

Exemplos de linguaxes estructuradas son: C, Modula 3 ou Java.

Chuzame! chuzame -

Os paradigmas de programación son diferentes estilos de programación para resolver un problema. Así, un problema pode ser resolto empregando distintos paradigmas de programación aínda que pode haber paradigmos máis facilmente empregables para algúns problemas.

Á hora de desenvolver unha aplicación empréganse varios paradigmas ó mesmo tempo. É por iso que agás raras excepcións, as linguaxes de programación facilitan o emprego dos paradigmas máis difundidos.

Neste titorial explicaranse os tres paradigmas máis difundidos: a programación estructurada, a programación funcional e a programación orientada a obxetos. Outros paradigmas dignos de mención son: a programación imperativa, a programación orientada a aspectos ou a programación xenérica.

Chuzame! chuzame -

As linguaxes de programación son unha abstración da linguaxe que pode entender a máquina. Coa abstración da linguaxe de programación conséguese unha linguaxe moito máis fácil de entender, e por tanto de manter, co custe de ter que pasar por algún paso intermedio para executa-lo programa.

Segundo o nivel de abstración, temos tres tipos de linguaxes de programación: linguaxe máquina, linguaxes compiladas, linguaxes interpretadas e linguaxes virtualizadas.

Chuzame! chuzame -

About

You are currently browsing the Programar en Python weblog archives for the Teoría category.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

agosto 2008
L_Luns_inicial M_martes_inicial M_mércores_inicial X_xoves_inicial V_venres_inicial S_sábado_inicial D_domingo_inicial
« abr    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin