Archive for the 'Titorial' Category
A programación funcional consiste na utilización do concepto matemático de función. As funcións son estructuras que aceptan cero ou máis parámetros de entrada e devolver só un parámetro coma saída. As fncións só poden modifica-los parámetros de entrada e nunca datos externos a elas, polo que se evitan efectos colaterais ó chamalas. Grazas a estas características, o código é sinxelo de ler e facilmente reutilizable. As operacións básicos que se poden efectuar na programación funcional son a composición de funcións e a recursividade.
Exemplos de linguaxes funcionais son Lisp, Scheme e Haskell.
chuzame - Programación orientada a obxectos
0 Comments Published by Néstor García abril 3rd, 2007 in Teoría, TitorialA programazón orientada a obxectos consiste na utilización de obxectos como elementos básicos de traballo. Os obxectos son a forma natural de representar un mundo cheo de obxectos tanto físicos coma simbólicos. Estes obxectos interactuan entre si mediante o paso de mensaxes para chegar a realizar calquera tipo de programa.
Exemplos de linguaxes orientadas a obxectos son Smalltalk, C++ ou Ada.
chuzame - Un tipo de dato defínese polos valores que pode tomar mailas operacións que se poden realizar sobre estes valores. Os tipos de datos pódense dividir en simples e compostos. Os tipos de atos simples son aqueles que non se poden descompoñer en datos máis sinxelos. Os datos compostos son aqueles que se compoñen dun ou varios datos sinxelos conformando unha estructura máis complexa.
Os tipos de datos sinxelos predefinidos en python son: booleanos, números enteiros e números reais. Os tipos de datos compostos predefinidos en python son: cadenas de caracteres, tuplas, listas, dicionarios e clases.
Para comproba-lo tipo dun dato emprégase a función type() que toma como parámetro o dato do que queremos sabe-lo seu tipo.
chuzame - Números enteiros (int ou long)
Hai dúas clases de enteiros: normais e longos. Os enteiros normais son os que pode gardar a CPU na que se execute a máquina (en máquinas de 32 bits van dende -2.147.483.648 ata 2.147.483.647, en máquinas de 64 bits van dende -9.223.372.036.854.775.808 ata 9.223.372.036.854.775.807). Os enteiros longos non teñen un límite fixado, a única limitación é a cantidade de memoria do sistema para almacenalo. Os enteiros normais son máis eficientes por estar soportados directamente pola CPU do sistema. Pódese forzar que un número sexa considerado coma enteiro longo engadindo un L ó final. Así, 100L será un enteiro longo ainda que se poida gardar coma enteiro normal.
As dúas clases de enteiros pódense mistura-las dúas nunha operación. Neste caso, o resultado será un enteiro longo.
chuzame - A programación estructurada consiste na utilización de tres estructuras básicas: a secuencia, a seleción e a repetición. Con estas tres estructuras pódese realizar calquera tipo de programa, aínda que o código será pouco lexible, difícil de reutilizar e difícil de manter. As linguaxes de programación que permiten este paradigma de programación inclúen outras estructuras de máis alto nivel para mellora-lo nivel de abstración e lexibilidade do código.
Exemplos de linguaxes estructuradas son: C, Modula 3 ou Java.
chuzame -