Obxectivo

O obxectivo de Programar en Python é ensinar as bondades de Python. Python é unha linguaxe de programación que se caracteriza pola súa velocidade de programación e elegancia propia do seu código. Os que proban Python acostuman quedar enganchados.

No blogue irase vendo un titorial que pretende explica-la linguaxe dende o máis básico, sen precisar de coñecementos previos e intentando amosar dende o principio a maior cantidade de código posible. Ademais, de vez en cando sairán entradas externas ó titorial sobre a programación de temas avanzados ou a posible resolución a problemas cotiáns.

Autores

Xosé Otero

Son de Fene (A Coruña) e son un eterno estudiante de Informática. Cousas de xentiña é o meu outro blogue.
Son o desenvolvedor de Python Sudoku que como se pode supoñer polo nome é un programa para crear/resolver sudokus programado en python, a miña linguaxe de programación preferida. Non me matei moito co nome, certo.

Néstor García

Traballo dando mantemento nunha aula de acceso a internet e nos meus momentos libres estudo informática e fago traballiños coma desenvolvedor web.

¿Por qué me unín a este proxecto? Por unha razón moi simple, ¡Python!.

Chuzame! chuzame -

Categories

Calendario

agosto 2008
L_Luns_inicial M_martes_inicial M_mércores_inicial X_xoves_inicial V_venres_inicial S_sábado_inicial D_domingo_inicial
« abr    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin